Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 11 de junio de 2014

Información sobre o "outro" Rallye

Como xa todos ben sabedes, este sábado día 14 unha nova edición do Rallye de Ourense discurrirá por boa parte das carreteras do noso concello.

Estamos seguros que é unha boa ocasión de negocio para a hostelería e outros negocios do noso concello, pero tamén é certo que ocasionará algún que outro perxuicio.

O sábado día 14 dende primeira hora da maña os vehículos participantes percorreràn varios pobos e parroquias do Concello, polo que pregamos se extreme a precaución a veciñanza para evitar calquer tipo de problema ou incidencia. As carreteras afectadas xa están perfectamente indicadas dende fai uns días.

Outra das peticións importante que facemos a poboación do Concello, é que tamén este xoves día 12 circulen con extrema precaución, xa que durante todo o día, os pilotos participantes recoñecerán os tramos a disputar o sábado. Sabemos da súa profesionalidade e bo facer, respetando as normas que esta proba contempla, pero tamén é certo que sempre aparecen "os locos de sempre" facendo das súas, tratando de emular os participantes no rallye e causando verdadeiros problemas a poboación por onde transcurren os tramos.

A información que proporciona a organización do Rally sobre esta situación è a seguinte:

http://www.rallyeourense.es/47edicion/descargas/reconocimientos.pdf


Tampouco querìamos deixar pasar a ocasión a solicitar, por anticipado, de novo o compromiso...e cumplimento (cousa que non fixo no ano anterior na maior parte das zonas afectadas) por parte do Sr. Alcalde de reparar os posibles deterioros que esta proba deixa nas nosas estradas.

Este ano, a diferencia do anterior, atopamos boa parte das estradas limpas de maleza nas súas cunetas, e tamén parece que logo de solicitar por parte dos nosos concelleiros reparacións urxentes no firme polo seu penoso estado, onde dificultaba a circulación de vehículos para os veciños e veciñas usuarias desta vía, e sen seren atendidas.....parece que o evento do Rallye sí é prioritario para que se executen esas actuacións como é o claro exemplo dos baches na zona "das zarras", preto do pobo da Peroxa Vella, que amosou durante moitos meses esta triste imaxe...


Estanse levando a cabo actuacións neste punto para mellora esta situación.....



Como noutras edicións o pobo da Peroxa será sin dúbida o de maior afluencia de aficionados chegados dende moitas parte de Ourense, de Galicia e de outros lugares diversos.

Lamentablemente a imaxe que se leven do noso Concello é a que levamos tempo denunciando de abandono e falta de preocupación pola mellora da súa imaxe e servizos.

As seguintes imaxes son exemplos de situacións que ben se poderían ter evitado con unha simple limpeza de maleza ou recollida de lixo. 
Pertencen a recta da Igrexa na Peroxa, onde se acumularan centos de persoas. 
Presencia de buratos perigosos que calquera persoa pode ter danos persoais pola pouca prevención e nula sinalización de situacións de perigo. 
Tamèn lixo tirado en cuneta preto do pobo do Mato en Graíces.....










HAI OUTRA SITUACIÓN QUE TAMPOUCO QUERÍAMOS DEIXAR DE INDICAR NOVAMENTE, XA QUE LEVAMOS MESES SOLICITANDO MELLORAS E QUE XA OCASIONARON GRAVES CONSECUENCIAS.

TRÁTASE DA ESTRADA QUE ACCESO OS POBOS DA ABERTESGA, QUE ATRAVESA O DE VILAR E SAE EN REDONDELLE.
ESTE ACCESO SERÁ USADO O DÍA DO RALLYE POR MOITOS VEHÍCULOS QUE COÑECEN ESTE ATALLO PARA CHEGAR ATA O CRUCE DE GRAICES.

A MALEZA FAI IMPOSIBLE A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS SIN QUE ESTA VAI ROZANDO E RAIANDO OS MESMOS, ASÍ COMO UN SINFÍN DE BACHES E BURATOS QUE AGARDEMOS NON CAUSEN DE NOVO DESPERFECTOS A NINGÚN VEHÍCULO E QUE POIDAN FACER O CONCELLO DA PEROXA RESPONSABLES DA SITUACIÓN E CORRER COS GASTOS...

CREO QUE AINDA ESTARÍAMOS A TEMPO DE CORREXIR ESTAS GRAVES ANOMALÍAS PARA EVITAR CIRCUNSTANCIAS DESAGRADABLES.

ESPERAMOS POIS, QUE OS NOSOS MANDATARIOS TOMEN NOTA DESTA SITUACIÓN.


POLO DEMÁIS SÓ NOS QUEDA DESEXAR PRUDENCIA E DIVERSIÓN NESTE EVENTO DEPORTIVO COMO É O RALLYE DE OURENSE 2014


No hay comentarios:

Publicar un comentario